Franceses e italianos, os turistas máis interesados en Lugo

O turismo estranxeiro en Lugo mantén o seu bo ritmo. Así o revela o balance feito pola Oficina Municipal de Turismo e a Rede Museística do Concello, do que se desprende tamén que en agosto, tres de cada 10 turistas foráneos que se achegaron a estas dependencias procedía a de Francia e Italia. Porcentaxe que suma máis de 500 persoas.

En conxunto, o turismo foráneo medrou un 3% no pasado agosto con respecto ao mesmo mes do ano anterior, e un 22% máis con respecto a xullo. Tamén se achegaron a Lugo viaxeiros de Gran Bretaña, Portugal, Alemaña, Arxentina, Estados Unidos e Xapón, entre outros. Así mesmo destacan as visitas dos turistas procedentes de Irlanda.

Respecto á totalidade de visitas tanto na Oficina Municipal como na rede museística municipal en agosto, a titular de Turismo no Concello, confirmou esta mañá un dato parecido ao do ano anterior, cunhas 15.000 visitas. Os turistas madrileños acaparan as visitas nacionais, seguidos dos de Cataluña e Andalucía.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com