O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, que participou na inauguración da XXXVII Feira do Viño de Amandi en Sober, destacou o potencial exportador do sector vitivinícola da provincia de Lugo. No ano 2016 facturou ao exterior 3,2 millóns de euros, fundamentalmente cara países como Portugal e EEUU.
O conselleiro asegurou que a D.O Ribeira Sacra conta con todas as características que definen a marca Galicia Calidade; unha materia prima única, un labor por innovar sen renunciar á tradición e o esforzo por traspasar fronteiras.