Francisco Conde e Darío Campos entre os Milagrosistas do 2016

Esta noite terá lugar a gala de entrega dos premios Milagrosistas do ano, que cada ano entrega a Asociación de veciños, comerciantes e industriais do barrio da Milagrosa e recoñece a 21 persoas destacadas no eido da política, o mundo empresarial ou as artes.

Entre os galardoados este ano están o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, o conselleiro de Economía, Francisco Conde, ou os concelleiros Miguel Fernández, Ana Prieto e Santiago Fernández Rocha.

Os premios celebran este ano a súa vixésimo sexta edición e agárdase que ao evento acudan preto de 500 persoas. Todos os premiados recibirán como recoñecemento unha figura de Burelarte.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com