O Pleno do Concello de Lugo en sesión celebrada esta tarde acordou cos votos favorable de PSOE e BNG e en contra do PP, retirarlle o titulo de alcalde perpetuo da cidade a Franco e trocar o nome dalgunhas das rúas dedicadas a franquistas.
Asemade o pleno tamen acordou retirarlle as Medallas de Ouro de Lugo a Comandante Manso, Antonio Pedrosa Latas e Heli Rolando de Tella.
Para sacar as votacións adiante Orozco tivo que empregar o seu voto de calidade por mor dun empate entre votos a favor e en contra, pola ausencia dunha concelleira do BNG no pleno.
No transcurso dos turnos de palabra houbo unha forte liorta entre o alcalde López Orozco e a voceira do BNG, Paz Abraira, por causa de dedicarlle ou non, unha rúa a Manuel Fraga Iribarne.