Freo no avance da Covid, logo de dous días á alza, con menos contaxios e un novo alivio na presión asistencial

Tras dous días de suba, lixeira, no número de casos activos; a covid 19 volve frear o seu avance na provincia descendendo tres infeccións con relación ás cifras do día de onte, e con menos positivos detectados.

Así, no informe presentado hoxe polo SERGAS con datos recabados ata as 6 da tarde de onte, o total de casos activos sitúase hoxe nos 142, tres menos que na xornada anterior. 

Descendeu tamén o número de positivos detectados, un baremo que tende a aumentar hacia finais de semana e que hoxe descende a tan só 5 casos novos detectados no día de onte, tres menos que os atopados no día anterior. 

Por último, o baremo ao que máis lle está costando descender, a presión asistencial, hoxe experimenta unha boa baixada deixando libres de pacientes covid os dous hospitais comarcais: o da Mariña e o de Monforte. Así, na provincia de Lugo, no día de hoxe, tan só se rexistran 8 pacientes covid ingresados, 5 na planta de hospitalización no HULA e os outros 3 na UCI.

Suspensión vacina AstraZeneca

E todo iso nun día chave en canto á vacinación. E é que o Goberno estatal vén de decretar a suspensión, indefinida, da inoculación de doses de AstraZeneca a menores de 60 anos. A vacina que, nun principio, só estaba recomendada para persoas entre 50 e 55 anos, hai días que se aceptara a súa administración ao colectivo de entre 60 e 65 anos de idade que serán os que a reciban nos vindeiros días. Así, á espera de que o Executivo estatal tome unha decisión sobre se poñer ou non a segunda dose ás persoas que xa foron vacinadas con AstraZeneca nesa franxa de idade, polo momento Galicia xa anunciou que só inoculará esta vacina ao colectivo recomendado. 

E por qué ocorre isto? Pois ben, á última hora da tarde de onte a EMA, a Axencia Europea de Medicamentos introduciu os casos de tromboses detectados nalgunhas das persoas que recibían esta vacina no seu prospecto como efecto secundario Moi Raro. Tras analizar os datos dos pacientes europeos, o organismo afirma que a vacina é segura e que os beneficios continúan superando aos riscos. Son casos inusuales, di o organismo, que se deron nunhas 220 persoas das máis de 38 millóns vacinadas con AstraZeneca., todas elas con plaquetas baixas. 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com