FRUGA presenta un recurso contra a convocatoria de axudas europeas xestionadas pola Xunta

A Federación Rural Galega ven de anunciar que hoxe rexistrará no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, un recurso contencioso-administrativo contra a aplicación da orde de axudas da Xunta aos pagamentos directos á agricultura,  á gandaría e ás axudas ao desenvolvemento rural, no marco da Política Agraria Común.

Dende a federación aseguran que esta convocatoria “restritiva da Xunta discrimina as axudas á produción de 57.000 hectáreas, o 85% da superficie de millo forraxeiro destinado ás granxas de leite do país, o que vai provocar un agravio comparativo coa produción noutros lugares da Unión Europea e un prexuízo económico para Galicia”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com