O Executivo da Deputación aprobou este venres en Xunta de Goberno a cesión gratuíta á Fundación de Dano Cerebral (FUDACE) de terreos provincial de 80.000 metros cadrados, que teñen un valor catastral de 500.000 euros, durante un período de 50 anos. Neste espazo, Fudace construirá a primeira unidade de patoloxía dual que existen en Galicia, así como a segunda en España, pois só hai unha en Palencia.
O voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, explicou que este acordo “enmárcase na nosa política de dar uso público e social ao patrimonio provincial, que é de todo os cidadáns. Así o fixemos tamén coa cesión gratuíta do San José a ASPNAIS ou coa da gardería do Campus a Raiolas, onde estes colectivos sociais tamén van a ampliar os seus servizos para persoas con capacidade diferentes, que necesitan dunha atención especializada”.
Santos Ramos explicou que estes terreos atópanse a carón das instalacións do San Rafael e da Granxa Gayoso Castro. Son 2 fincas. Unha de 10.274 metros cadrados, onde na actualidade Fudace ten o seu centro referencia en Castro de Rei, no que atende a unhas 60 persoas con dano cerebral e nas que traballan 46 profesionais para a súa atención.
Na segunda finca, de 71.791 metros cadrados, Fudace construirá un novo edificio con dita unidade de patoloxía dual. Terá capacidade para un mínimo de 15 persoas e un máximo de 45. Nestas instalacións prestarase servizo a persoas con dano cerebral e trastornos severos de comportamento, que requiren dunha atención moi especializada.