A Fundación Ingada (Instituto Galego de TDAH e Trastornos Asociados) súmase ás 170 asociacións sen ánimo de lucro coas que colabora a Fundación TIC grazas ao convenio asinado este venres polo patrón da TIC, Álvaro Santos, e o vicepresidenta de Ingada, Elvira Ferrer. A Fundación TIC apoiará o labor desenvolvido por Ingada e contribuirá a difundir as actividades que desenvolva na provincia de Lugo a prol das persas con Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH) e as súas familias.
En Ingada converxen diferentes profesionais da saúde, educación, ámbito xurídico, economía e comunicación, entre outros, coa finalidade de axudar ás persoas afectadas de TDAH