Mañá día 16 á 18.00 horas celebrarase en Paradela o funeral por Santiago Rodríguez, fillo do lembrado escritor galego Manuel Rodríguez López, o cal faleceu hai uns días no Reino Unido onde impartía docencia na Universidade de Bristol. Asemade entregaráselle á familia o título de fillo adoptivo de Paradela que o concello otorgou ao finado.
Logo do acto relixioso, onde cantará a misa o Orfeón Lucense desenvolverase un acto civil no que intervirán:
Martín Vázquez, Dtor. Banda Paradela (bombardino) interpreta:“Bombardino das capas pardas”, marcha da paixón de Zamora sobre un tema de Chopín, da Irmandade da Penitencia, coñecida como das “Capas Pardas”.
Xulio Xiz: “Santiago e Manuel ‘no ceo dos galegos’ ”
José Manuel Mato, instructor do expediente de Fillo adoptivo.
Valentín García Gómez, Membro do xurado do Certame de Paradela; Secretario Xeral de Política Lingüística, en representación da Xunta de Galicia.Martín Vázquez: “Si dulce e´l tormento”(Monteverdi). Arr. Roland Schwab.
Lectura da Concesión do título de Fillo Adoptivo.
Alcaldesa: Montserrat Mulet. Despois da intervención, entrega o título de Fillo Adoptivo de Paradela á viuva e fillo de Santiago Rodríguez
Palabras en representación da familia: Carlos Rodríguez, fillo.
Gaiteiros de Paradela: “Marcha solemne do Antigo Reino de Galicia”. De seguido, comitiva cara ao cemiterio para soterrar as cinzas no Panteón de Paradelenses ilustres.
No cemiterio, palabras da Alcaldesa e do fillo.
O Orfeón Lucense cantará “Salve Regina”