Gabriel López García será candidato á alcaldía do concello de Xermade polo BNG

O BNG presentou ao candidato á alcaldía no concello de Xermade. Gabriel López García será a persoa que encabece a lista do BNG para as eleccións municipais de maio. López García indicou que o “proxecto do BNG para Xermade é o dun concello moderno e eficaz, ben xestionado e con transparencia” argumentou “Xermade precisa das políticas do BNG para activar moitos proxectos que  e están estancados dende fai moito tempo”.

Dende o BNG estase traballando para aportar ao concello un cambio responsable “cunha boa xestión económica” e argumentouse que “Xermade precisa das políticas do BNG para levalo a cabo”. “Estamos recibindo mostras de apoio por que se percibe ao BNG como unha forza renovada, en claro ascenso, cun proxecto para Xermade e temos o respaldo de moitos anos de traballo serio e rigoroso” dixo Gabriel López.

López sostivo que “a presenza do BNG na corporación municipal será fundamental para repensar o futuro de Xermade”. O candidato á alcaldía afirmou “imos a por todas porque estamos convencidos de que é o momento de darlle un cambio á política deste concello que provoque o aumento da autoestima dos nosos veciños”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com