Onte celebrouse a Gala dos Premios Son Muller 2022 á que optaban preto de 30 candidaturas. Os premios Son Muller recoñecen o traballo da muller emprendedora, a muller empresaria e a muller empresaria rural. Estes galardóns que celebran a quinta edición, recoñecen a actividade empresarial de mulleres da provincia ao mesmo tempo que fomentan a súa participación no entorno económico e social de Lugo. A Presidenta da Asociación de Mulleres Empresarias da Provincia de Lugo, Beatriz Varela Regueira, foi a encargada de entregar os premios.
Beatriz Varela felicitou a todas as participantes “pois presentaron proxectos innovadores e creativos o que demostra a gran diversidade e pluralidade que existe no sector empresarial lucense. Con esta iniciativa dámoslles visibilidade porque entendemos o papel fundamental que xogan no desenvolvemento económico do territorio”.
Nesta gala repartíronse un total de 4.500 euros en premios e xogos de Matrioskiñas galegas deseñados especialmente para este certame por artesáns lucenses. Ademais todas as finalistas recibiron un galardón pola súa participación. As empresarias premiadas foron:
Categoría Son Emprendedora.
1º Premio: AOBÁ UPCYCLING. 2º Premio: Rural o Urbano. Finalistas: Late Food, Atoupa e Cuarto e Metade
Categoría Son Empresaria.
1º Premio: Academia A Mariña. 2º Premio: Centro Pedagóxico Aloumiño. Finalistas: Colorín Colorado. Bioco e Asesoría Mel.
Categoría Son Empresaria Rural.
1º Premio: As Vacas da Ulloa. 2º Premio: A Horta de Sancoveiga. Finalistas: Esencia Viva. Argaia Cosmética e Casa de Baixo
Recoñecemento especial
Durante a Gala dos Premios Son Muller a Asociación de Mulleres Empresarias da Provincia de Lugo realizou un recoñecemento especial a Purificación García Balseiro (Decoraciones Pura) e distinguiu a súa longa traxectoria empresarial e profesional como muller referente no ámbito do emprendemento da provincia de Lugo.