Galardoados os centros de ensino Fontem Albei da Fonsagrada e A Pinguela de Monforte

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de publicar a resolución provisional pola que se resolve a segunda edición dos Premios Proxecta de Innovación educativa, unha convocatoria que ten como obxectivo consolidar e visibilizar a metodoloxía de traballo por proxectos que poñen en marcha os centros participantes no Plan Proxecta, e na que resultaron distinguidos dous centros educativos lucenses

Na modalidade B, destinada á participación de CPI, IES, CIFP e centros públicos de educación e promoción de adultos; un dos terceiros premios foi para os IES A Pinguela (Monforte de Lemos), un centro cunha longa traxectoria en Proxecta que o pasado curso participou en 12 dos seus programas. Nesta mesma categoría obtivo un accésit  o IES Fonte Albei (A Fonsagrada) onde desenvolven 5 proxectos do Plan cada curso.

Os Premios Proxecta van destinados aos centros educativos públicos admitidos no Plan Proxecta do curso correspondente.

Plan Proxecta

O Plan Proxecta –que no curso 2016/17 chegou a 428 centros sostidos con fondos públicos e preto de 91.000 alumnos e alumnas– crea un marco xeral de cooperación grazas ao esforzo doutras consellerías, integrando nun mesmo espazo de referencia as iniciativas dos diferentes departamentos da  para o fomento da innovación educativa, establecendo ademais uns criterios metodolóxicos e organizativos comúns para a creación de proxectos innovadores que desenvolvan competencias clave e educación en valores.

Trátase de propiciar dinámicas que favorezan a innovación nos propios centros a través de 41 programas externos que aglutinan a maioría de entidades do Goberno galego e unha entidade do Goberno do Estado, con programas dirixidos ao ámbito educativo que buscan potenciar a motivación e o traballo activo e cooperativo do alumnado e do profesorado implicado nos proxectos. Os diferentes programas poden consultarse no espazo do Plan Proxecta no portal educativo.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com