A Asociación Cultural Ateneo Galeguista de Lugo organiza para o vindeiro venres, 26 de abril, ás 19.30 horas na Biblioteca Nodal da capital luguesa, unha nova conferencia.
Esta vez, da man do doutor en Historia, Xosé Estévez Rodríguez, o Ateneo Galeguista ofrecerá a ponencia Galeuzca: a rebelión das periferias”.
Xosé Estévez Rodríguez
Naceu en Quiroga no ano 1943, é doutor en historia pola Universidade de Deusto e Diplomado en estudios eclesiásticos. Historiador e profesor emérito da Universidade de Deusto.