A plataforma GALICIA BALEIRA, quere mostrar o total desacordo coa decisión da Comisión de Patrimonio Natural do Ministerio de Transición Ecolóxica respecto á proposta de incluír todas as poboacións de lobo ibérico na listaxe de especies silvestres de protección especial e levarnos a unha situación de prohibición total do seu caza en toda España dunha forma anárquica e onde as partes implicadas non tiveron a oportunidade de manifestarse.
O tema é demasiado polémico para tomar unha decisión coa participación de todas as comunidades de España, algunhas delas (oito) con censo “cero” en poboación de lobos, entre outras Baleares, Canarias ou Melilla e sen escoitar ás que realmente albergan ao redor do 100 % do censo de lobos e que se sitúan ao Norte do Douro, Vexamos: Galicia, Asturias, Cantabria, a maior parte de Castela León e outras. Aínda así non se librou de polémica a votación, xa que houbo un empate técnico que foi balanceado ou sometido cara ao punto de vista ecoloxista por un voto de calidade. Destaca tamén como rechamante o desacordo coa decisión encamiñada a prohibir a caza do lobo, mostrado polo Ministro de Agricultura Pesca e Alimentación LUÍS PLANAS, que expreso o seu apoio aos gandeiros indicando “estou ao seu lado”.
Está claro e demostrado que a falta de control actual do lobo, afecta a un conxunto moi importante de explotacións gandeiras, que ven minguadas as súas cabanas ano tras ano. Non vemos a ningún ecoloxista defender as ganderías extensivas ou pequenas que perden en curtos espazos de tempo parte dos seus rabaños de ovellas, dos seus poldros ou dos seus tenreiros (seica, os puntos de vista da ecoloxía non defenden o dereito destes animais que dalgunha maneira forman parte da economía dunha Galicia Baleira e onde cada vez parece ser menos importante o asentamento de poboación e a subsistencia).
Respectamos o lobo como especie e como parte importante na regulación do ecosistema español, pero requirimos unha estratexia de xestión e conservación do lobo, controlando a súa localización e o número de unidades por áreas definidas e esiximos unha política clara de coberturas de danos por parte do Estado, que implique o pago dos danos certificados polos servizos veterinarios da zona das reses rexistradas na zona, nun prazo máximo de 45 días da data de apertura do expediente.