Galicia Sempre, a marca de Martínez nas vindeiras eleccións

O alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, vén de presentar esta mañá a nova marca coa que concorrerá ás vindeiras eleccións municipais, previsiblemente en Lugo e Becerreá. Baixo o nome de Galicia Sempre, e cun lema que deixa craras as intencións do becerrense: sen ataduras, Martínez pretende abrir o seu partido a todos os grupos ou persoas independientes, de dereitas ou esquerdas, que desexen concorrer ás eleccións municipais “sen as imposicións” dos grandes partidos.

Asemade, Martínez asegurou hoxe que as candidaturas están pechadas en Becerreá, pero aínda continúan as conversacións en Sarria, Lugo, Meira e O Páramo, entre outros concellos. O obxectivo? “chegar aos 5.000 votos” para poder ocupar un sillón na Deputación.

O alcalde de Becerreá quere deixar as portas abertas tamén a unha posible candidatura autonómica, cando chegue o momento e, por iso, ofrécelle a Pachi Vázquez a marca Galicia Sempre, en caso de problemas para rexistrar a súa propia marca electoral.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Luis Díaz
    Mar 25, 2019 - 09:21 PM

    Sí , sí , la sociedad gallega en general , y la lucense en particular , está como loca esperando al nuevo mesías trasnochado de la política . ¡ joder que tropa !

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com