O novo partido político GaliciaSempre impulsado por Manuel Martínez, ven de facer público os candidatos que a formación presentará ás eleccións municipais nos concellos de :Lugo, Becerreá, Sarria, Meira e Burela. Asemade fixo unha chamamento á cidadanía para que participen na confección do seu programa electoral.
“Desde GaliciaSempre queremos facer partícipe á cidadanía de Lugo na confección do noso programa electoral.
A participación cidadá é o dereito da persoa a intervir no proceso de toma de iniciativas e participar no control de decisións finais a nivel local, isto constitúe unha parte inseparable da sociedade democrática.
Para que a liberdade e a igualdade do individuo e dos grupos que conforman esta sociedade democrática sexan reais e efectivas, débense despexar os obstáculos que impidan ou dificulten a súa plenitude.
Para iso débese facilitar a participación de todos os cidadáns na vida política, económica, cultural e social. Estamos completamente convencidos que o facilitar o seu incorporación real, motivar o seu interese e coñecemento do feito participativo é saudable para o benestar da sociedade.
A demanda participativa polo menos en estado latente existe, pero o sistema político non sempre foi capaz de chegar a acordos e permitir que se manifeste onde está representada a voz do pobo.
A elaboración, execución das propostas e as decisións na política Municipal deben gañar en credibilidade , para iso a democracia, honestidade e a eficacia deben estar presentes, debe ser representativo a todos os niveis e defensor decidido das liberdades da sociedade.
O noso obxectivo é buscar a honestidade e toda a eficacia en toda a estrutura administrativa sendo transparentes no seu funcionamento e xestión, flexible e dialogante no seu estilo de relación coa cidadanía.
Estamos convencidos que a saída a unha crise económica, á insuficiencia de recursos públicos e á manifesta demanda social, producirase desenvolvendo a participación en todos os ámbitos correspondentes ás necesidades colectivas.
Unha administración xusta, tolerante, dialogante, activa e un programa ambicioso destinado a mellorar a vida e o benestar dos Lucenses, precisa dunha actitude aberta, innovadora, experimental neste campo.
Para iso é necesario a participación de todos os colectivos que compoñen unha cidade: veciños, asociación de prensa, desempregados, empresas, autónomas, funcionarios, asociacións de veciños, asociacións deportivas, amas de casa.. a todos en xeral queremos facervos partícipes na elaboración do noso Programa Electoral”.