A agrupación Galicia Sempre, creada da man do alcalde de Becerreá, Manuel Martínez e encabezada por Carmen González, continúa a traballar na carreira pola alcaldía lucense.
Faino, en equipo, dende Lugo e tomando o pulso da sociedade despois de reunirse con diversos sectores económicos así como cos funcionariado máis afectado polo actual goberno local.
GaliciaSempre concurre ás eleccións, ademais de na capital da provincia, en municipios como Sarria, O Páramo, Becerreá e Burela. Este partido ademais ten como meta formar parte da corporación provincial que saia das eleccións do vindeiro 26 de maio.