O GALP da Mariña pulará por 15 proxectos produtivos con 1,1 millóns de euros

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal vén de recibir o visto e prace da Consellería do Mar para conceder axudas por valor de 1,1 millóns de euros dirixidas a impulsar quince proxectos produtivos que contribuirán a dinamizar o litoral lugués.

Así o deu a coñecer esta mañá o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, quen tamén explicou que estas axudas están dirixidas a favorecer os denominados como proxectos produtivos, que son aqueles que buscan impulsar unha actividade lucrativa, desenvolvida normalmente por pequenas e medianas empresas ou profesionais relacionados co sector marítimo pesqueiro.

Entre os 15 proxectos aprobados atopámonos desde iniciativas de restauración e turísticas (hoteis, restaurantes, apartamentos, …) a outras no ámbito do lecer ou da formación, así como accións encamiñadas a apoiar a aposta das empresas pesqueiras pola introdución de innovacións tecnolóxicas para a distribución de peixe e marisco, pesca artesanal, almacenamento frigorífico ou comercialización deste tipo de produtos. Tamén un dos proxectos beneficiarios redunda na importancia natural na contorna mariñeira.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com