Os gandeiros retoman as súas protestas. Varios membros da Plataforma en Defensa do Sector Lácteo permaneceron ao longo de todo o día de hoxe diante da sede de Loxística Alimentaria, en Outeiro de Rei, identificando os camións que entran con leite foráneo.
Dende a plataforma aclaran que extenderán as súas protestas ao longo dos vindeiros días a outras industrias. Para Óscar Pose, de Unións Agrarias, cómpre denunciar a actitude destas industrias que están a asfixiar a actividade de moitas granxas galegas. “Iniciamos unha campaña de denuncia da actitude de varias industrias de Galicia que pola mañá din que lles sobra leite e que non a poden recoller e pola tarde traen importantes cantidades de leite de fóra. Polo tanto, o que están buscando é abaratar o prezo de leite das nosas explotacións e amedrentar os gandeiros”, sinalaba Pose en declaracións a Lugo SiRadio.
Os gandeiros continúan denunciando que hai industrias que pagan o leite por debaixo dos 18 céntimos, moi por debaixo dos custes de produción, e que moitas delas mesmo ameazan os gandeiros con deixar de recollerlle-lo leite.