A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, entregou este sábado na Casa Museo Manuel María en Outeiro de Rei, os premios do concurso recitado poético “Rosalía sempre viva”, que organiza a Fundación Manuel María, coa que colabora o Goberno da Deputación. Neste certame participaron escolares dende 1º primaria ata o Bacharelato, e ten como obxectivo potenciar a expresión oral e a creatividade do alumnado a través do coñecemento e recitado da obra de Rosalía de Castro e Manuel María.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.