Durante a vindeira semana e no marco do calendario de campañas e operacións de tráfico establecidas pola Dirección Xeral de Tráfico e TISPOL (European Traffic Police Network),por parte dos compoñentes do Subsector de Tráfico de Lugo levarase a cabo un incremento dos puntos de verificación da presenza de alcol ou sustancias estupefacientes no organismo durante a condución.
Estes dispositivos situaranse ao longo e ancho da provincia e en aquelas zonas susceptibles dun maior consumo destas sustancias tales como feiras, festas e lugares de afluencia masiva de persoas.
Esta campaña ten como finalidade lograr os obxectivos de redución da sinistralidade ocasionada pola influencia do consumo de bebidas alcohólicas e drogas durante a condución e conseguir así unha maior eficiencia optimizaranse ao máximo os recursos humanos e materiais dispoñibles.