A Garda Civil de Lugo investiga a un condutor por carecer de permiso

A Garda Civil verifica a documentación do condutor dun turismo de alta gama no termo municipal de Lugo, ao serlle solicitado o permiso de conducir, este manifestou non levalo consigo. Os axentes solicitaron os datos do documento á Central Operativa de Tráfico, comprobando que carecía do permiso de conducir ao ter agotados todos os puntos.

O condutor do turismo, un veciño de Lugo de 25 anos, xa pasara á condición de investigado en tres ocasións anteriormente polos mesmos feitos. Deste xeito o condutor perdera por primeira vez o permiso de conducir no ano 2013, ao ser denunciado por infraccións de velocidade e alcoholemias positivas.

O denunciado foi posto a disposición do Xulgado de Instrucción nº2 de Lugo, quedando o vehículo inmobilizado ata que un condutor habilitado se fixera cargo do mesmo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com