A Garda Civil desarticula un grupo criminal que vendía vehículos cos contaquilómetros alterados

A Garda Civil desmantelou un grupo criminal organizado e asentado en Lugo, que se dedicaba á compra venda de vehículos de luxo cos contaquilómetros rebaixados.  As investigacións levadas a cabo polo GIAT do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Lugo e a Unidade Orgánica da Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, concluiron coa desarticulación dun grupo criminal composto polas 13 persoas detidas.

As investigacións determinaron que as persoas detidas estaban relacionadas con 121 vehículos aos que se lle modificaran os quilómetros que figuraban no odómetro co fin de obter maiores beneficios no mercado de vehículos de ocasión, nos que, nalgúns dos casos, se tería manipulado tamén as Tarxetas de Inspección Técnica a fin de ocultar os quilómetros e os estado do vehículo, co conseguinte engano para o comprador.

Todas as persoas detidas manteñen lazos familiares ou de amizade e son de nacionalidade rumana: 8 homes e 5 mulleres con idades comprendidas entre os 22 e os 46 anos. A este grupo atribúenselle dende o ano 2014 e ata finais de 2016 un total de 121 vehículos aos que se lles rebaixaron, canto menos, 30.000.000 km.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com