IMAXE LIBRE!!

A Garda Civil detecta a un turismo circulando a case o dobre da velocidade permitida

A Garda Civil de Tráfico detectou, na noite do pasado sábado, a un turismo circulando a 157 km/h na N-VI nun tramo limitado a 80 km/h, no lugar de Laxosa, Concello do Corgo.

Unha vez detida a marcha do vehículo, os axentes puideron observar como o condutor do mesmo, un veciño do Corgo de 43 anos de idade, presentaba evidentes síntomas de acharse baixo os efectos do alcol, polo que foi sometido ás correspondentes probas de verificación, arroxando un resultado positivo de 0,83 mlgs/l.

O condutor pasou á condición de investigado como presunto autor dun delito contra a seguridade vial pola taca de alcolemia e posto a disposición do Xulgado de Lugo. Ademáis foi proposto para sanción á Xefatura Provincial de Tráfico pola comisión dunha infracción moi grave ao Regramento Xeral de Circulación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com