A Garda Civil detén aos presuntos autores dun delito de roubo

A Garda Civil detivo a cinco persoas na estrada de San Cibrao-Rio Cobo como presuntos autores dun delito de roubo cometido nun establecemento de hostalería situado no termo municipal de Xove (Lugo).

Os feitos tiveron lugar ao redor das 06.00 da madrugada do pasado día 4 de marzo, cando teñen coñecemento dun roubo nun establecemento hostaleiro, iniciándose un operativo de localización dos presuntos autores identificando e detendo aos presuntos autores cando circulaban nun turismo.

No momento da detención, os presuntos autores do roubo, levaban no interior do vehículo unha bolsa con numerosas moedas, unha pata de cabra e varias pezas de roubo, así mesmo portaban as ocupantes cantidades importantes de diñeiro en efectivo. Os detidos son veciños de Barreiros, Foz e Outeiro de Rei, con idades comprendidas entre os 21 e os 26 anos de idade. A investigación policial segue aberta e analizando o seu modus operandi non se descarta que poidan estar implicados en máis ilícitos penais.

As persoas detidas foron postas a disposición xudicial.

Tenza ilícita de armas

A Garda Civil detivo sobre as 13.30 horas de onte na Fonsagrada aos supostos autores dun delito de tenza ilícita de armas ao ter no seu poder dúas armas curtas (un revolver e unha pistola) ambas do calibre 22, así como munición para as mesmas, todo iso sen a autorización pertinente para a súa tenza.

As persoas detidas son veciñas da Fonsagrada con idades de 77 e 66 anos e foron postas a disposición do Xulgado de Instrución nº 1 da Fonsagrada.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com