A Garda Civil detivo esta mañá a tres persoas, un súbdito Venezolano e dous de orixe Romanesa con idades comprendidas entre os 18 e os 54 anos de idade, veciños de Lugo e Pontevedra, como supostos autores dun delito de roubo con violencia e intimidación.
Os presuntos autores fuxiron do lugar no interior dunha furgoneta, iniciándose un operativo policial que deu como resultado a detención destes tres homes. As persoas detidas foron postas a disposición do Xulgado de Instrución
número 1 de Lugo.
Noutro eido, a Garda Civil investiga na localidade de Rábade a un veciño de Mosteiro de Pol de 22 anos de idade como suposto autor dun delito contra a seguridade colectiva, tras ser sorprendido conducindo un turismo, tendo a perda total dos puntos asignados legalmente tras unha resolución dimanante da Xefatura Provincial de Tráfico de Lugo.