A Garda Civil detén en Riotorto ao presunto autor dun delito de tráfico de drogas

A Garda Civil de A Pontenova detivo onte ao redor das catro da tarde, en Riotorto, a un veciño de Boiro de 41 anos como presunto autor dun delito de tráfico de drogas.

Esta operación policial, comezou meses atrás, segundo afirmou a Garda Civil, e deu como resultado a detención do presunto autor da venda no interior dun establecemento de ocio na localidade lucense de Riotorto.

Nesta inspección interviñéronse diversas sustancias estupefacientes entre as que había haxís e cocaína preparados para vendas rápidas, segundo asegurou a Garda Civil, e unha báscula de precisión de pequeno tamaño da cal se investiga se se utilizou para o menudeo de drogas dentro do local comercial. No interior da barra do establecemento, os efectivos da Garda Civil atoparon tamén marihuana.

O detido foi posto a disposición xudicial.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com