Unha patrulla do cuartel da Garda Civil de Baamonde frustrou a pasada fin de semana o suicidio dun varón que tiña colocada unha corda nunha árbore e unha caixa de plástico no chan para, presuntamente, poder subirse e acceder ao seu propósito. Os axentes da Garda Civil mobilizáronse ante a alerta dun veciño do home.
Os feitos tiveron lugar o pasado venres, día 24 de novembro, nunha rúa da localidade de Baamonde, os axentes ao ver a situación intentaron tranquilizar durante varias horas ao home sen minusvalorizar o seu risco, avisando ao centro médico e a unha ambulancia para ser trasladado ao Hospital Lucus Augusti para o seu ingreso e observación.