Onte ás 11.15 horas nun control á altura do km 587 da estrada N-634, a Garda Civil identificou a un condutor dunha furgoneta e posteriormente fixo unha inspección da carga que transportaba.
Unha vez comprobada a mercadoría, entre a mesma atopábanse 69 kg. de ourizo de mar e 34 kg. de linguado, non podendo acreditar o súa trazabilidade por carecer de todo tipo de documentación acreditativa, por tal motivo procedeuse ao comiso do total do marisco e peixe, os cales foron entregados ao centro Betania de Viveiro.