A Garda Civil investiga na localidade de Foz a un veciño da Pastoriza de 26 anos como suposto autor dun delito de condución temeraria e desobediencia grave aos Axentes da Autoridade.
Os feitos tiveron lugar na madrugada do pasado día 16 de xullo nun punto de identificación de persoas e vehículos situado á altura da avenida do Cantábrico da localidade mariñá. Os axentes observaron un turismo con seis persoas no seu interior, que fai caso omiso ás indicacións dos axentes e abandona o lugar a unha gran velocidade, co conseguinte perigo para os usuarios da vía.