A Garda Civil investiga a catro persoas como supostos autores do roubo dun transformador eléctrico

A Garda Civil imputa como investigados a catro persoas como supostos autores dun delito de roubo con forza dun transformador eléctrico instalado no termino municipal de Baralla e valorado en máis de 6000 euros. As persoas investigadas son catro varóns, de 21, 23, 28 e 35 anos de idade, todos eles veciños de Lugo.

Axentes da Garda Civil logo de ter coñecemento da subtracción inician unha investigación que da como resultado a localización da carcasa  baleira do transformador subtraído nas inmediacións dun poboado próximo á Capital. É entregada á empresa propietaria do material subtraído a carcasa recuperada.

As persoas investigadas foron postas a disposición do Xulgado de Instrución de Becerreá.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com