A Garda Civil investiga a un grupo internacional que estafou máis de 550.000 euros a clientes de entidades bancarias

A Garda Civil, no marco da operación Turpial, desarticulou un grupo criminal de ámbito internacional que operaban en Venezuela, Perú, Panamá, Colombia, Portugal e España. Esta organización creaba un entramado económico delictivo que dificultou a investigación e o descubrimento da identidade dos presuntos autores destes delitos que son, segundo afirmou a Garda Civil, grupo criminal, estafa continuada, usurpación de estado civil e blanqueo de capitais.

Os integrantes deste grupo averiguaban datos persoais, familiares e financieiros precisos de clientes de distintas entidades bancarias españolas co patrón concordante de ser cidadáns españois residentes noutros países e con alto poder adquisitivo. Os autores dos delitos contactaban coa sucursal bancaria e, mediante chamadas telefónicas, envío de fax e correos electrónicos, conseguían persuadir ao persoal para que lles facilitara as chaves da banca online á organización e así poder realizar operacións a través da Internet.

Entre os investigados atópase un veciño de Barcelona con dobre nacionalidade e se identifica a outras sete persoas residentes en España, Perú e Venezuela por feitos similares ocorridos entre outubro e decembro do ano 2015 en sucursales bancarias de diferentes provincias españolas, entre elas de Lugo. Esta investigación foi dirixida e coordinada polo Xuzgado de 1ª Instancia e Instrucción nº 2 de Mondoñedo (Lugo), colaborando no seu desarrollo Europol, Policía Nacional de Perú e a Consellería de Interior da embaixada de España en Venezuela.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com