A Alcaldesa de Lugo recibiu esta mañá a un grupo de cinco motociclistas do Lugo italiano, que chegaron á Praza Maior para trasladar unha mensaxe de amizade ao pobo lugués de parte do municipio italiano, da súa veciñanza e, en particular, dun grupo de alumnos que estuda o idioma español.
Para a rexedora, este encontro supón unha excelente oportunidade para establecer relacións dun intercambio cultural sólido, capaz de converterse nun futuro en irmandamento. Baixo o nome de Giro in Giro, este grupo de amigos con paixón pola moto iniciaron o pasado 6 de maio, en Piazza Barcca, a viaxe, e regrasarán o 19 de maio. O percorrido implica unhos 5.000 quilómetros, nos que ademais de Lugo visitarán outras cidades españolas e tamén francesas. A escola secundaria Silvio Pellico en Voltana di Lugo tamén participa nesta iniciativa.
No encontro, houbo intercambio de agasallos. Concretamente, os motociclistas entregaron á rexedora unha carta de agradecemento do Alcalde da localidade italiana, David Ranalli, así como distintos libros sobre a cidade e Francesco Baracca, as alcaparras de Rocca di Lugo e unha camiseta creada para a ocasión. Pola súa banda, a Alcaldesa envioulle ao seu homólogo o libro Lvcvs Avgvsti, A cidade romano-xermánica da Fisterra Ibérica. Xéneses e Evolución histórica, recibindo a escola e os motoristas tamén exemplares, ademais doutros agasallos como un baleira petos da Muralla, entre outros.