O Grupo municipal do Partido Popular critica que o goberno local continúe sen solucionar os vertedoiros incontrolados que hai nas parroquias que rodean a cidade e que, lamentablemente, sigan a ser unha realidade no rural. O edil popular Manuel López pon no punto de mira os puntos de recollida de silos que o PSOE pechou en lugares como Remesal e Barcia para implantar o modelo de recollida “porta a porta”. Para o concelleiro popular esta non é a solución xa que “dende o goberno quixeron ir ao máis sinxelo e pensaron que pechando estes recintos zanxaban o problema cando, o que deberían facer é reforzar o coidado, mantemento, vixilancia e recuperación dos terreos onde, nos últimos anos se apilaron plásticos agrícolas”.
“Non chega con poñer unhas cadeas, hai que recuperar o terreo para evitar que sigan botando plásticos e outros materiais contaminantes”, explica o edil. Entre as consecuencias de non realizar unha vixilancia e control periódico destes depósitos é que hoxe están, de novo cheos de neumáticos, restos de obras, mobiliario e incluso no do Burgo romperon a cadea do peche e retiraron as pedras que bloqueaban o paso para verter todo tipo de desperdicios.
Para Manuel López o goberno local non ten unha verdadeira vontade política de mellorar este tema xa que o feito de que non se retiren os residuos dun depósito irregular coma estos, xa clausurados, produce o efecto chamada. Ademais do problema medioambiental aos populares lles preocupa que o risco de incendio que supón a proximidad destes vertedoiros a árboredas, polo que urxen aos socialistas a dar unha “solución definitiva a un problema que se arrastra ano tras ano”.