O goberno apoiará e facilitará a participación na folga feminista do 8M

Sesión plenaria hoxe no Concello de Lugo e sesión na que os grupos da oposición presentaron tres propostas diferentes en relación coa folga do 8 de marzo. BNG-AA e ACE-EU defenderon candansúa moción a favor do paro laboral na xornada de celebración do Día Internacional da Muller e o PP presentou outra encamiñada a reafirmar a igualdade entre homes e mulleres. As tres saíron aprobadas coa abstención de cidadáns, e distintas configuracións entre os votos a favor e en contra, pero o apoio en todas elas do PSOE foi clave para que todas saíran para adiante.

Maite Ferreiro explicou a moción nacionalista onde resalta, entre outras cousas, a fenda salarial, a precariedade ou o maior número de mulleres que de homes que se encargan dos coidados da familia e da casa.

Pola súa banda, o equipo de goberno, reivindicou a realidade feminista do concello de Lugo e lembrou a loita que mantén dende o ano pasado xunto co Foro Feminista contra as desigualdades e as violencias machistas. A edil de Benestar Social, Ana González Abelleira, foi a encargada de defender a posición dos socialistas: “O Concello de Lugo é feminista”, resaltou en diversas ocasións a concelleira, quen recoñeceu que “queda de manifesto que non compartimos as declaracións do PP de que esta sexa unha folga elitista”

Iñaki García deixa o seu sillón

Noutro eido, ao comezo do pleno de hoxe un emocionado e nervioso Iñaki García se despedía do seu sillón de edil e renunciaba a seguir formando parte do seu grupo municipal, Lugonovo. García Gómez pediu desculpas aos votantes se se viron frustrados ou desilusionados polo devir da propia agrupación. 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com