A titular da área de Cultura e Turismo do Concello de Lugo, repsondeu ás declaracións realizadas polo Partido Popular inidicando que a súa concellería “leva un rexistro exhaustivo de todas as obras artísticas procedentes das diferentes edicións do concurso de pintura rápida”. Existen tamén rexistros, nos diferentes departamentos do Concello, dos outros elementos aos que se refire o Partido Popular.
A edil indicou que “o persoal da área de Cultura ten un rexistro dos cadros, que están repartidos polas distintas oficinas das áreas do Concello”. A concelleira de Cultura indicou que “a figura de San Froilán, que habitualmente estaba colocada na escaleira da casa consistorial, será reubicada no edificio durante as vindeiras semanas”.