O Goberno local aproba as Contas Xerais Municipais do ano 2016

O goberno socialista do Concello de Lugo aprobou, coa abstención de todos os grupos da oposición as Contas Xerais do ano 2016 do concello. Para a edil de Economía, Ana Prieto, estas contas mostran “unha radiografía económica positiva” e son proba do “bo facer e a eficacia do goberno socialista”.

Palabras, as de Ana Prieto, que tiraron abaixo todos os grupos da oposición lembrando “fitos” do goberno local como o “retraso no Periodo Medio de Pago a Proveedores, o incumprimento da regra de gasto, ou os contratos caducados que se traducen en pagos con reparos de legalidade”. Pese a insistencia de Prieto na boa xestión socialista comparando as cifras do 2015 coas doi 2016, o voceiro do grupo misxto, Alternativa Cidadá de Esquerdas – Esquerda Unida, Carlos Portomeñe asegurou que a comparativa de estas dúas anualidades mostra que “o Concello recadou menos cartos pero non polo bó facer, precisamente”.

No mesmo eido falou a voceira de Cidadáns, Olga Louzao, quen chegou a cualificar ao goberno socialista como “o peor que gobernou a cidade de Lugo dende a entrada da democracia”.

Noutros termos, pero co mesmo fin, falou Antonio Ameijide, voceiro dos populares, quen se dirixiu á edil socialista con ironía asegurando que “non foron capaces de aprobar os orzamentos dende que Lara Méndez entrou no concello como rexedora”. E como soe ser habitual, para todo tivo resposta Ana Prieto quen asegurou que os grupos da oposición, “critican en Lugo o que non son capaces de facver onde gobernan”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com