Gómez Besteiro afirma sentirse indefenso ante a suspensión da súa declaración

O Secretario Xeral do PSdG, José Ramón Gómez Besteiro, vén de emitir un comunicado no que expresa a súa sensación de indefensión ante a suspensión da súa declaración ante a xuíza Pilar de Lara polo chamado caso do Garañón. Dunha banda, afirma non entender a nova citación de D. Javier Calvo, avogado persoado na causa, en calidade de imputado.

“Doutra banda, a xuíza alega a falta de recepción de documentación patrimonial e bancaria. Precisamente dita documentación ía ser aportada por min na declaración, xa que xustifica a procedencia de ata o último euro das cantidades abonadas tanto pola compra do noso piso, como pola obra de reforma realizada. Cabe sinalar que esta mesma semana si se practicaron outras declaracións de imputados sen que dita documentación constase no xulgado”, sinalou Gómez Besteiro.

“Parece inxustificable que o propio xulgado recoñeza non dispor aínda dos datos patrimoniais e bancarios que precisa, nin saber como é o proceso de redacción e aprobación dun convenio urbanístico, despois das gravísimas imputacións realizadas contra a miña persoa. Como é doado de entender, ante a absoluta certeza da miña inocencia estaba desexando comparecer para dar explicacións e aportar dita documentación que elimina calquera sospeita ou indicio de delito algún cometido por min. O atraso sine die de dita declaración supón un novo prexuízo e prolongar máis unha situación que esperaba xa quedase resolta e aclarada no día de mañá”.

“Ante esta suspensión e, por outra banda, a falta de resolución do recurso de case 50 páxinas presentado pola miña defensa no que se poñían de manifesto máis dunha decena de nulidades relacionadas coa falta de competencia, entre outras, alóngase unha situación de indefensión inadmisible que xa dura demasiado”, concluíu.

 

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Hortensia
    Xul 31, 2015 - 01:02 PM

    Non me parece de recibo que a vida de un cidadan sexa quen sexa, estea condicionada pola lentitude da xustiza
    Para min e inadmidible estes comportamentos de unha xuiza que parece gustarlle que os casos se dilaten .Todo o meo respeto a xustiza pero tamen sería de recibo acabar algun caso e non abrir tantos buratos que o mais seguro non levan a nada E o peor estamos facendo pasar por un calvario a persoas que públicas ou non estan no seo dereito de facer a sua vida sen estar sometidos os caprichos da xustiza.
    As faturas non e obligado gardalas mais de 5 anos
    Por se a señora xuiza non o sabe

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com