Gómez Besteiro aproveita a dimisión do presidente de Sogama para afirmar que o plantexamento da empresa da xestión do lixo en Galicia é erróneo

O presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, afirmou hoxe en relación á dimisión de Luis Lamas, presidente de Sogama, que a xestión que fai a empresa en Galicia, é errónea.

Lamas presentou onte a súa dimisión tras transcender que o Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (Cetal), do que é tesoureiro, adxudicou o contrato de asesoría xurídica ao bufete de avogados do que o propio Lamas é dono, xunto con outro socio.

Escoitamos a Gómez Besteiro:


Falou tamén da opinión que lle merece o tan comentado encontro do ex-presidente do goberno central, Rodríguez Zapatero, co líder da formación política Podemos, Pablo Iglesias.
Gómez Besteiro de novo:


Estas declaracións, fixoas no marco do presentación en rolda de prensa, da segunda parte do plan do ente provincial ‘Ben Empregado’, que contaba cun orzamento de catro millóns de euros, e que incrementarase ata os seis, debido a boa acollida do proxecto por parte das empresas da provincia.

Doutra banda, Gómez Besteiro mantivo onte unha reunión co Presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, na que acordaron novas colaboracións, e abordaron a “preocupante” situación na que se atopa o galego.

O titular provincial desgranou os últimos datos do Instituto Galego de Estatística, e apuntou a “caída en case 6 puntos do uso do idioma, sobre todo entre os máis mozos.
Neste senso, Gómez Besteiro adiantou que este ano a Deputación, a través do departamento de Cultura, ofrecerá unha nova liña de axudas para respaldar ós Concellos, de cara a contratar empregados que traballen no eido da normalización lingüística.

O Presidente avanzou que a Deputación incrementará no 2015 a axuda económica que concede á RAG, e que xa superan os 70.000 euros, ó tempo que financiará os actos na provincia polo centenario de Ramón Piñeiro, veciño de Láncara e ilustre escritor, que foi académico numerario da Real Academia Galega.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com