González Santín amosa o seu total apoio a Gómez Besteiro e admite negociacións na Deputación

Juan Carlos González Santín, secretario provincial do PSOE, amosou este mediodía ao remate do Pleno de Organización do Concello de Lugo, a súa confianza e apoio total ante a situación que vive o Secretario Xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, logo do anuncio da súa imputación polo chamado caso Garañón. “Pido á xustiza que sexa áxil, rápida e que esta situación remate canto antes”, sinalou.

No tocante á Deputación de Lugo, presidida pola popular Elena Candia, Santín sinalou que os socialistas están a negociar para que “a deputación volva ter un goberno progresista e de esquerdas canto antes”, en relación a unha posible moción de censura por parte do PSOE e máis do BNG á actual presidenta.

Doutra banda, o Grupo Provincial Socialista na Deputación de Lugo, de voz da deputada Pilar García-Porto, denunciou esta mañá a situación de “parálise absoluta, na que o Partido Popular mantén o organismo provincial dende a súa chegada. O único que fixo o PP durante este tempo foi cambiar as pechaduras das portas de algúns servizos provinciais, amosando unha absoluta desconfianza nos traballadores públicos. É un caso sen precedentes, posto que os socialistas nunca fixemos isto a pesares de chegar á institución luguesa logo de 25 anos do PP”, sinalou García Porto.

“Outra mostra desta parálise e absoluta desidia do Partido Popular é que a estas alturas, nin nomearon aos membros da Xunta de Goberno Provincial, tal e como fixemos os socialistas antes da celebración do Pleno de Organización”, salientou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com