Graduados Sociais prestarán de balde asesoramento socio-laboral a veciños con escasos recursos

O Presidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo, Manuel Núñez, presentou hoxe o novo servizo de asesoramento socio-laboral que 95 graduados sociais da provincia prestarán de balde a lucenses en situación de vulnerabilidade e con escasos recursos. Na presentación, que tivo lugar nas instalacións do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo, tamén participaron membros da directiva e numerosos colexiados e representantes de diversas institucións da cidade e da provincia, así como representantes da Deputación e do Concello de Lugo.

Este novo servizo adopta unha fórmula pioneira en España ao desenvolverse con apoio institucional. A Deputación asinou un convenio co Colexio Oficial de Graduados de Lugo para poder desenvolver esta prestación na provincia. Así o destacou o Presidente do Colexio de Graduados Sociais, que salientou a importancia da sinatura do convenio  para poder difundir o servizo entre todos os posibles usuarios, o que requiría un investimento que non estaba ao alcance da entidade colexial.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com