O peor da terceira vaga da Covid na provincia, sen dúbida, xa quedou atrás hai semanas; pero o certo é que o virus segue ahí e a incidencia, aínda que en menor medida que hai, por exemplo, un mes, todavía pode facernos volver atrás.
Nas últimas horas o SERGAS informou dun gran descenso no número de casos activos. En total 244 infeccións na provincia; nada que ver coas máis de 2000 que se chegaron a acadar no mes de febreiro. Un descenso que continúa a incidir pouco na presión asistencial; os hospitais da provincia continúan hoxe con 26 persoas dúas menos que na xornada anterior.
Así, 6 persoas continúan na UCI do Hula mentres que 13 están en planta de hospitalización do Lucus Augusti. Outros cinco pacientes covid se tratan no Hospital de Monforte e, outros dous no da Mariña.
No tocante aos novos positivos, malia que levamos varias xornadas de cifras baixas, hoxe volve descender aínda máis. No día de onte detectaronse por PCR tan só 6 positivos, 7 menos que os detectados o luns.
Na última xornada ademáis rexistráronse 41 novas altas médicas, que se suman as máis de 11300 persoas que xa superaron o virus na provincia. Doutra banda, hoxe hai que lamentar dous falecementos, os de dous homes de 68 e 89 anos que finaban no hula entre o luns e o martes.
Estes datos danse nunha xornada na que Sanidade anuncia que a partir do venres aplicará as máximas restriccións tamén en Paradela, logo de detectar que nas últimas xornadas continúa a medrar a incidencia do virus. Así este concello únese á Pobra do Brollón que ata agora é o único municipio lugués que permanecía neste nivel máximo con peche perimetral establecido. Asemade, Guitiriz e Lourenzá seguirán o venres no nivel II de restriccións, concellos aos que tamén se unirá o de Chantada, cunha incidencia achegada aos 250 casos de cada 100 mil habitantes.