A acollida foi innegable. O primeiro concerto da Orquesta de Cámara Luguesa (OCL) que tivo lugar onte en Caldiae Factoría Cultural foi o que se esperaba: un éxito induidable tanto artístico como de público.
Preto de vinte músicos fixeron as delicias dun público entregado que recibiu con aplausos cada unha das pezas tocadas con atino polas cordas da Orquestra baixo a batuta de Xan Carballal.
Un éxito sen precedente pero que terá continuidade en Caldiae Factoría Cultural con certa perioricidade.
A Orquestra
A Orquestra de Cámara Luguesa xorde da necesidade de crear unha oferta musical e didáctica na provincia de Lugo, ante a escaseza de orquestras nas que os estudantes de música podan pór en práctica os coñecementos adquiridos.
Trátase dun proxecto cultural que irá máis aló de facer música, co que pretenden “que a xente se ‘enganche’ á música culta. Chegar a un maior número de público; público fiel”. Unha fidelidade que será premiada en Caldiae Factoría Cultural onde tamén se creará un Club de apoio á Orquestra no que cada membro do club recibirá, unha vez ao trimestre, un disco gravado pola Orquestra.