Gran inicio da segunda volta para os dous equipos do Emevé

Os dous conxuntos do Club Voleibol Emevé, tócalles destacar esta fin de semana. As mozas inician a segunda volta da liga en casa e cun gran afán de conseguir a vitoria. Os mozos, disputan a súa gran competición, a XII Copa Príncipe na que teñen que viaxar a Badaxoz.

As pupilas de Jose Valle estrean segunda volta no seu Fortín o Pavillón Municipal. Fano , tras as vacacións de Nadal e tras conseguir ser as Campioas da Copa Galicia a fin de semana pasada en Narón, o que lles fai estar con ánimos de seguir conseguindo obxectivos. O sábado ás 17:00 horas enfróntanse ao terceiro clasificado da liga, o conxunto insular IBSA CV CCO 7 Palmas. Equipo moi regular e superior en altura que as locais. As lucenses, que teñen un novo reforzo nas súas filas, a arxentina Eugenia Nosach, saben que necesitan dar un plus extra neste partido para rabuñar puntos na clasificación e empezar con bo pé este ano.

Pola súa banda, os mozos viaxan a Badaxoz, para conseguir de novo facerse os Príncipes da SM2. Os xogadores de Diego Taboada, seguen invictos en Liga e son campións de inverno. Veñen de perder na Copa Galicia, o que lles fai estar cos pés na terra e saber que se teñen que esforzar ao máximo para conseguir o obxectivo desexado. O torneo celébrase en Badaxoz, no Pavillón A Granadilla, e xógase a eliminación directa. Os lucenses xogan a semifinal o sábado ás 20:00 horas contra SPS Tarragona, e se a gañan estarían na Final do Domingo ás 12:00 horas. Viaxa todo o conxunto de xogadores para poder traer de novo, por segundo ano consecutivo, a copa a casa.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com