O encontro comezaba cos locais obrigados a realizar o primeiro cambio da tarde tras a lesión de Marcos de La Espada. No transcurso do primeiro tempo ambos equipos mostraronse equilibrados, aínda que era o CD Lugo o que se aproximaba con máis perigo a portería contraria, primeiro David López dende a frontal e despois Pereira, tras un rechace de Reina ao disparo de Campillo. A primeira parte chegaba ao seu fin con empate a cero no marcador e cunha polémica caída de Pereira na área local, que non ía ser penalizada polo colexiado.
A segunda parte comezaba ben para os de Milla, nunha xogada de apertura de Campillo, centro raso de Igor Martínez ao segundo pao e remate de Pereira que poñía o marcador 0-1. A resposta non se fixo esperar e o Nastic Tarragona nunha gran combinacion de Emaná e Naranjo, terminaba cun gran remate deste.
Coa igualada no marcador o encontro transcurría con bo ritmo e calidade nas accións. Os de Milla buscaban a vitoria que ía chegar nunha xogada a balón parado tras un saque de esquina, que Carlos Hernández remataba sin opción para o gardameta local.
Os últimos minutos do encontro foron unha pelea titánica, onde os locais loitaron ata o final pero na que os de Milla conseguían levarse do Nou Estadi tres valiosos puntos que os coloca con 30 puntos na clasificación.