A Guardia Pretoriana peregrinará a Santiago para promocionar o Arde Lucus. A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañada de representantes da Guardia Pretoriana, presentou este venres a peregrinación polo Camiño Primitivo que realizará esta asociación de recreación histórica entre os días 13 e 17 de maio, unha actividade enmarcada dentro da programación do Lvcvs Cvltvral, organizada polo Concello.
Durante a presentación, a Concelleira fixo fincapé nesta peregrinación como unha oportunidade para promover tanto a cidade de Lugo como o Arde Lvcvs, así como para darlle valor ao Camiño de Santiago, Patrimonio da Humanidade. Neste senso, a edil quixo lembrar que nos pasados días o Senado xa realizara un treito da vía XXI, que enlaza co Camiño de Santiago.
Pola súa banda, os membros da Guardia Pretoriana convidaron a todos os lucenses e visitantes a participar con eles nesta andaina.