Recepción dos fogares por parte da alcaldesa e a concelleira de Muller, Ángeles Novo.

Habilitadas catro vivendas de acollida para vítimas de violencia de xénero en Lugo

A través do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia con fondos europeos, foron reformadas e rehabilitadas catro vivendas na cidade de Lugo que serán o espazo seguro de mulleres que tivesen vínculos nos que se desenvolvesen violencias. A intervención, impulsada polo Executivo socialista e a Concellería de Muller, contou cun investimento de 365.342 euros para a axeitada rehabilitación dos inmobles. Estes responderán correctamente ás necesidades básicas, dende eléctricas ata ergonómicas, das novas habitantes das mesmas.

As obras implicaron unha renovación completa do interior dos fogares, incluíndo o cambio de revestimentos, pavimentos, falsos teitos, carpintería metálica con ventás de dobre acristalamento, renovación de saneamentos e instalacións eléctricas. Ademais, actuouse nas zonas comúns dos edificios para mellorar a eficiencia enerxética e reducir custos de mantemento. Estas melloras permiten garantir un maior confort térmico e acústico para as futuras usuarias.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com