Héctor Cajaraville Araújo, gaña o Certame de Narración Curta Ánxel Fole

O xurado do XVIII Certame de Narración Curta Ánxel Fole, que organiza a Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, reuniuse esta tarde e outorgou o premio a Héctor Cajaraville Araújo, residente en Santiago de Compostela, pola obra Once portas, presentada baixo o lema Amelia I.

O Certame que naceu para homenaxear ao escritor lugués, Ánxel Fole, autor entre outras obras de, Terra Brava e Á Lus do candil, chegou este ano a XVIII edición. Entre os galardoados en anteriores edicións figuran a lucense Luz Darriba e o pontevedrés Alex Alonso,  gañador do pasado ano.

A entidade local convoca cada ano este premio para novelas breves ou libros de relatos, que nesta edición está dotado cun único premio de 4.000 euros, ademais da publicación da obra premiada a cargo da editorial Edicións Xerais de Galicia.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com