Héctor Corujo tomará posesión como deputado provincial do PP no pleno de xullo

Héctor Corujo, alcalde de O Incio, ven de entregar hoxe toda a documentación e asinar as declaracións de bens e incompatibilidades como paso previo á toma de posesión no pleno provincial. Corujo ocupará a acta que deixou Carmen José López e tomará posesión na sesión ordinaria do día 30 da súa acta como deputado provincial.

Héctor Corujo destacou que chega ao Grupo Popular “moi ilusionado e con moitas gañas de aprender e de traballar pola miña comarca, pola provincia de Lugo e por todos os seus veciños”

Os deputados populares dan a benvida ao novo compañeiro do Grupo Provincial e ven en Héctor Corujo “a un deputado moi importante, cun gran coñecemento da provincia e especialmente da súa comarca, dada a súa dilatada experiencia política e o seu amplo coñecemento do funcionamento da administración local”

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com