A Historiadora Tamara González gañadora do Premio Condado de Pallares

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, participou este venres na entrega de premios da décima edición do Certame de Investigación Condado de Pallares que organiza a Asociación de amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares. No acto tamén participou os Alcaldes do Concello de Guntín, Taboada, e Chantada, o Presidente da Asociación de amigos o Mosteiro de Ferreiro de Pallares, Carlos Vázquez García e outras autoridades.

García Porto destacou “a importancia de colaborar neste tipo de iniciativas que fomentan o estudo da nosa cultura, historia e patrimonio, unha riqueza que non podemos permitir que desapareza. É necesario colaborar de xeito conxunto entre as administración públicas no eido da investigación porque crea un valor engadido para a nosa provincia”

A Historiadora, Tamara González López, recibiu un obsequio por parte do Concello de Taboada, un diploma e un cheque de 3.000 euros. Ademais, a gañadora desta edición verá publicado o seu traballo. O xurado valorou a calidade da investigación sobre unha temática e unha época aínda non ben desenvolvidas no ámbito do Condado de Pallares. É un traballo que a partir dos libros de bautismo da época moderna de sete parroquias desenvolve unha brillante análise da vida familiar e social galega da época, tomando como fío condutor a institución do apadriñamento nesta zona.

O xurado estivo composto por 3 profesionais do sector cunha ampla traxectoria recoñecida no ámbito dos estudos histórico e da Universidade. Estes foron Carlos Baliñas Pérez, Gonzalo Francisco Fernández Suárez, e Fernando Arribas Arias.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com